Xa estiveres procurando un navegador rápido ou unha tecnoloxía independente que protexa a túa privacidade, esta listaxe de preguntas frecuentes está aquí para responder as dúbidas do Firefox máis urxentes.
O Navegador Firefox é o único dos principais navegadores desenvolvido por unha organización sen fins lucrativos que non vende os teus datos persoais aos anunciantes e que che axuda a protexer a túa información persoal. Descubre máis sobre os Navegadores Firefox e outros produtos.
Velaquí podes descargar o navegador Firefox para escritorio facilmente. O Firefox funciona en dispositivos Windows, Mac e Linux e tamén está dispoñíbel para Android e iOS. Asegúrate de estares a descargar o noso navegador nunha das nosas páxinas de confianza de Mozilla ou Firefox.
Pois é! O Navegador Firefox é gratuíto. Súper gratuíto, de feito. Nin custos agochados nin nada. Non tes que pagar por o usar e non vendemos os teus datos persoais.
Preguntas relacionadas: o Navegador Firefox é gratuíto, o Firefox custa diñeiroNon, non pensamos que o Chrome sexa mellor que o Firefox xa que cando a xente pregunta cal é o mellor navegador, están a pensar en cal é máis rápido e máis seguro. O Firefox actualízase mensualmente para garantir que teñas o navegador mais rápido e que respecte automaticamente a túa privacidade.
Preguntas relacionadas: é o Firefox mellor do que o Chrome, é o Firefox mellor do que o Google, é o Firefox máis seguro do que o Chrome, é o Firefox máis privativo que o ChromeProtexer a túa privacidade é a nosa principal prioridade. Desta forma, asegurámonos de que a instalación do Firefox nos teus dispositivos sexa totalmente segura. Con todo, ten a certeza de o estar a descargar dun sitio web Mozilla ou Firefox de confianza, como a nosa páxina de descargas.
Usar Firefox non só é seguro, tamén axuda a protexer a súa información privada. Navegador Firefox bloquea automaticamente rastrexadores de terceiras partes, rastrexadores de redes sociais, mineiros de criptodivisas e identificadores de pegada dixital, e evita que recollan os seus datos. Descubra máis sobre a privacidade dos nosos produtos.
Preguntas relacionadas: o Firefox é bo para a privacidade, o Firefox é seguro, o Firefox é mellor para a privacidadeNon. Nunca o fixemos e nunca o faremos. Alén diso, protexémoste de moitos anunciantes que o fan. Os produtos Firefox están deseñados para protexer a túa privacidade. Prometémolo.
O Firefox non é lento… agora. En 2017, reconstruímos completamente o noso mecanismo de navegación (chamado Quantum) para garantir que o Firefox puidese competir cos outros principais navegadores. Alén diso, os nosos bloqueadores de rastrexadores permiten que as páxinas carguen aínda máis rápido. Polo tanto, o Firefox vai a fume de carozo e non sacrifica para nada a túa privacidade.
O Firefox non está baseado no Chromium (proxecto de navegador de código aberto que é o núcleo do Google Chrome). O certo é que somos un dos últimos principais navegadores que non o está. O Firefox execútase no noso motor de navegación Quantum, deseñado especificamente para o Firefox. Así, podemos garantir que os teus datos sexan tratados con respecto e continúen a ser privados.
O Google é o motor por defecto no Firefox, o cal significa que podes buscar na Internet directamente desde a barra de enderezo web. Descubre máis sobre as preferencias e as mudanzas por defecto do noso motor de busca.
O Firefox é desenvolvido pola Mozilla Corporation, unha filial que pertence integramente á Fundación Mozilla, unha fundación sen fins lucrativos que se guía polos preceptos do Manifesto Mozilla. Velaquí podes descubrir máis sobre o creador do Firefox.
Preguntas relacionada: quen é o propietario do Firefox, quen é o propietarios do Navegador Firefox, é o Firefox propiedade de Google, é MozillaFirefox propiedade de Google